Os artistas Fonso Castro,
Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras coordinan esta
iniciativa de homenaxe ao mundo literario de Carlos Casares coa
estampación dun gravado que vai ser estampado na rúa a
carón do centro cultural. Despois da estampación o
público poderá facer o seu propio gravado orientado polos artistas. En troques de usar un tórculo
para a estampación da imaxe como é o hortodoxo nos talleres dos
gravadores, desta vez as imaxes dos artistas e do público serán
transferidas ao papel usando unha apisonadora, o que engadirá ao
acto un certo carácter de performance.
Día: Sábado, 27 de maio.
Hora: 18:00 horas
Lugar: Exteriores do centro
cultural “Marcos Valcárcel”
No hay comentarios:
Publicar un comentario