Presentación de SEN LIMITES no CGAC

CGAC / 7 de novenbro / dúas propostas: poesía a través do gravado e estrea do documental Catro na Burga

19:30 h / Presentación da carpeta de gravado Sen límites
Coa participación dos artistas Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras, o arquitecto Nelson Bardón e un representante da Fundación Curros Enríquez de Celanova.

Partindo da idea de límite que aplica o arquitecto Nelson Bardón nos seus proxectos, os artistas Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras elaboraron unha carpeta de gravados onde se recollen poemas de Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferrreiro. O traballo plástico reinterpreta, dun xeito sutil, os poemas a través de diferentes linguaxes: o texto, o braille e a lingua de signos.

A carpeta Sen límites é unha edición de 50 exemplares

enREDarte

Intervención sobre a escultura de Asorey San francisco de Asís, unha das xoias do museo de Lugo.
Proxecto conxunto con Isabel Somoza e Xabier de Sousa.
Exposto un mes desde o día 17 de outubro.

Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

O Centro de Artesanía e Deseño de Lugo conmemora os150 anos da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro cun libro onde participan ilustradores e gravadores para pórlle imaxe a cada poesía. Esta colografía e gofrado ilustra o poema nº 16, realizada no obradoiro de portas abertas o 6 deste mes de outubro.

galería Visol

O venres 12 deste mes, ás 20:00 h inaugúrase na Galería Visol unha exposición colectiva que celebra o 17 aniversario.
Rúa Sto Domingos, 33 Ourense

Eneida. Toxosoutos

Un Poldras ilustra a portada da versión galega da Eneida, de Virxilio. Versión de Xoán Fuentes Castro, publicada por Toxosoutos este 2013

Louvanza da loucura en Cangas

Continúa a itinerancia da loucura....
Inauguración no Auditorio Municipal de Cangas o 1 de febreiro ás 20,00 h

Sen Límites na Casa dos Poetas de Celanova


O día 4 ás 12,00 h a Carpeta de gravados Sen Límites participará nos actos de clausura do ano de Celso Emilio Ferreiro en Celanova
El día 4 a las 12,00 h la Carpeta de grabados Sen Límites participará en los actos de clausura del año de Celso Emilio Ferreiro en Celanova