A fermosa Sala Valente acollerá un recital destes dous grandes músicos o día 30 ás 20:00 h.

O aforo é limitado e a entrada de balde, procurade non perdervos este luxo na mostra dos

Caprichos espidos.



 


 Esta tarde do 18 de decembro presentaremos con Antonio Piñeiro a Carpeta NÓS inspirada na universalidade da xeración que honramos este ano 2020.

Será no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense ás 20:00 h.


Os Caprichos espidos 

pódense ver dende o 28 de outubro na Sala Valente do Concello de Ourense, Rúa do Paseo.

Cartafol de 80 debuxos versionando o cartafol de Goya, máis 11 gravados.

Completa a mostra unha comparación dalgúns debuxos do álbum Nós de Castelao cos Caprichos de Goya. Ámbolos dous en edición facsimilar.

De martes a sábado de 11:00 a 13:30 h e 18:30 a 21: 30 h

Domingos de 11:00 a 13:00 h



Los Caprichos desnudos
Se pueden ver desde el 28 de octubre en la Sala Valente del Concello de Ourense, Rúa do Paseo.
Carpeta de 80 dibujos versionando la carpeta de Goya, más 11 gravados.

Completa a muestra una comparación de algunos dibujos del álbum Nós de Castelao con los Caprichos de Goya. Ámbos en edición facsimilar.

De martes a sábado de 11:00 a 13:30 h y 18:30 a 21:30 h

Domingos de 11:00 a 13:00 h


 Dende o 7 de outubro, queda aberta a mostra Traballar cansa na fermosa biblioteca pública "Nós", Rúa Canle, 6, Ourense. Consultar horario.

Non fixemos a preceptiva inauguración por mor da situación sanitaria, pero invitámolos a visitala seguindo as indicacións das autoridades.

Poderán ver unha serie de obras de bibliofilia en edicións limitadas. Carpetas con poemas de diferentes autores acompañadas de gravados.

Gravados e monotipos para a Xeración NÓS en Celanova


 Continúa a itinerancia da homenaxe á Xeración Nós, esta vez na querida Casa dos Poetas de Celanova, sede da Fundación Curros Enríquez.

NUBES



Mirar ao lonxe sempre é agradable. Fíxate con atención nas nubes e deixa descansar os teus ollos. Se ademáis as debuxas o pracer multiplícase, e ninguén poderá dubidar da túa pericia. Ideal para o confinamento.
Máis en Taller de nubes.

Mirar a lo lejos siempre es agradable. Fíjate con atención en las nubes y deja que descansen tus ojos. Si además las dibujas el placer se multiplica, y nadie poderá dudar de tu pericia. Ideal para el confinamiento.
Más en Taller de nubes.

Fundación Cum Laude. Mirar el arte

Despois de que na edición do ano pasado falara do Cadrado negro sobre fondo branco de Malèvich, este ano vai unha charla sobre os meus admirados Caprichos de Goya, con coloquio posterior.

Después de haber hablado en la edición del año pasado del Cuadrado negro sobre fondo blanco de Malèvich, este año toca una charla sobre mis admirados Caprichos de Goya, con coloquio posterior.

O neno preguntaba de Celso Emilio Ferreiro en Vigo

Comezamos a presentación desta carpeta de gravados para amantes da arte, bibliófilos e público en xeral en Celanoca, na Casa dos poetas, continuamos en Santiago e agora toca Vigo. Desta vez presenta o gravador Xabier de Sousa e interveñen Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro, Fernando Cid, profesor de lingua e literatura galegas, e Cecilia Rodríguez, violinista. O autor manterá ao final un coloquio co público.
Comenzamos la presentación de esta carpeta de grabados para amantes del arte, bibliófilos y público en general en Celanoca, en la Casa dos poetas, continuamos en Santiago y ahora toca Vigo. Esta vez presenta el grabador Xabier de Sousa e intervienen Luís Ferreiro, presidente de la Fundación Celso Emilio Ferreiro, Fernando Cid, profesor de lengua y literatura gallegas, y Cecilia Rodríguez, violinista. El autor mantendrá al final un coloquio con el público.


O neno preguntaba de Celso Emilio Ferrreiro en Santiago de Compostela

Alicia López, presenta e contextualiza, para amantes da arte, bibliófilos e público en xeral, a carpeta Catro gravados para o Neno preguntaba de Celso Emilio Ferreiro, que contén catro linografías e a reprodución do poema. Despois da presentación intervirá o autor para debater sobre as constantes relacións entre gravado e poesía, e os resortes creativos na obra gráfica, e actuará a Violinista Cecilia Rodríguez García.

Alicia López, presenta y contextualiza, para amantes del arte, bibliófilos y público en general, la carpeta Catro gravados para o Neno preguntaba de Celso Emilio Ferreiro, que contiene cuatro linografías y la reprodución del poema. Después de la presentación intervendrá el autor para debatir sobre als constantes relaciones entre grabado y poesía, y los resortes creativos en la obra gráfica, y actuará la Violinista Cecilia Rodríguez García.




Danza contemporánea na Fundación Vicente Risco


A compañía Sólodos e O sonoro maxín, danza e música de solvencia internacional, colaboran na exposición da Fundación Vicente Risco inspirada en textos do escritor, e que conmemoran os 100 anos da Xeración NÓS
La compañía Sólodos y O sonoro maxín, danza y música de solvencia internacional, colaboran en la exposición de la Fundación Vicente Risco inspirada en textos del escritor, y que conmemoran los 100 años de  la Xeración NÓS

Xeración NÓS

A última carpeta de gravados vai adicada á Xeración NÓS, e preséntase acompañada de seis monotipos e un debuxo, máis sete versións do Prato familiar de comer as patacas típico da cerámica de Niñodaguia, torneadas por Agustín Vázquez Ferreiro e pintados por min.
A inauguración do acto será por conta de Xulio Xosé Pérez Pereiras, o venres 18 de outubro ás 20:00h, na que a Fundación Vicente Risco agasallaranos cuns petiscos.

La última carpeta de grabados va dedicada a la Xeración NÓS, y se presenta acompañada de seis monotipos y un dibujo, más siete versiones del Plato familiar de comer patatas típico de la cerámica de Niñodaguia, torneadas por Agustín Vázquez Ferreiro y pintados por mi.
La inauguración del acto estará a cargo de Xulio Xosé Pérez Pereiras, el viernes 18 de octubre a las 20:00 h, en la que la Fundación Vicente Risco nos ofrecerá unos pinchos.


Celso Emilio Ferreiro

Unha carpeta de catro linografías inspiradas no poema de Celso Emilio Ferreiro "O neno preguntaba".
Asistirá ao acto Luis Ferreiro, presidente da fundación CEF e fillo do poeta.
O poema será presentado pola profesora de lingua e literatura galega, Rita Abraldes.
Actuará a soprano Ilduara Perianes Guitián, acompañada polo pianista Miguel Guillermo Sáez Sotelo, que interpretará entre outras pezas, a versión do poema musicada por Vicente Asensio.
O autor fará algúns comentarios técnicos e plásticos sobre a carpeta.


Casa dos Poetas de Celanova


12 gravados de formato medio e grande, con técnicas como a xilografía a colografía e o buril, que acompañarán as actividades da Fundación Curros Enrríquez este verán.

Elga interiorismo

Un novo espazo expositivo na cidade de Ourense onde facer dialogar a obra plástica con espazos habitables. Desta vez é unha mostra reducida de 6 gravados grandes e inéditos máis un pequeno, en compañía de 6 pequenas terracotas de barro e gres, e algunha outra peza con base de granito.

Fundación Curros Enríquez

A Casa dos Poetas de Celanova presenta unha escolma dos poemas visuais elaborados no taller que se celebrou nesta sede. Están compostos baixo a mesma inspiración de análise, ás veces crítica, coa realidade na que vivimos; igual que os poetas desta casa fixeron na súa obra. Algunhas imaxes son autoría dunha sóa persoa, pero traballamos influído unhas autoras noutras, en diálogo constante, dende a realización da montaxe ata a presentación final da fotografía. E moitos poemas son colaboracións entre varias sen poder concretar a autora.

Traballar cansa de Cesare Pavese

Agradezo a Marcos, Xulio, Alba e Aldara a disposición e o eu traballo, para que a presentación desta carpeta sexa algo que recordar. Por suposto a Moncho por aceptar esta proposta no seu estupendo espazo para a cultura.

Mirar un cuadro

Na edición de 2019 estréome, e tocoume inaugurar estas charlas organizadas pola Fundación Cum Laude coa colaboración do Concello de Ourense.
 Cadrado Negro sobre fondo branco.
En Ourense, o venres 8 de febreiro, na rúa do Paseo, Sala Valente, ás 19,30 h

Soños da morada aberta. Presentación en EIXO















Librería Eixo, na Rúa Cardenal Quevedo, 36 Ourense
Martes 4 de decembro ás 19,30 h.
 
Presentada por Tareixa Taboada, crítica de arte en La Voz de Galicia, Soños da morada aberta é unha colección de 19 contos breves e 19 gravados ilustrando cada un. Os autores son Eloi Hervella para os textos e Xosé Poldras para as imaxes. A compañaranos unha representante de Aldeas Infantiles para falarnos do ONG. Parte do importe da obra será unha doazón persoal do comprador ou compradora ao proxecto desta organización.
No prólogo podemos ler: “Desde moi antigo, os seres humanos setímonos atraídos polos soños. Estes foron interpretados de maneiras diferentes ao longo da historia. Quizáis o poder de fascinación do onírico se asente na iluminadora advertencia de que a nosa vida transcorre e remata, e que polo tanto convennos buscar camiños novos. Así, ante a aparición dos soños temos a sensación de que podemos e debemos ampliar a nosa vida para facela máis fonda, máis rica”.
A colección preséntase en formato carpeta con dúas versións diferentes:
A primeira de 23 x 20 cm. ten todas as imaxes son linografías estampadas a man. A tirada consta de un exemplar B.A.T., dúas Probas de Autor numeradas en romano, e 19 exemplares numerados en árabe.
A segunda de 30 x 21 cm. reproduce os gravados dixitalmente sobre cartulina Guarro de 185 gr. salvo unha linografía orixinal e estampada a man en papel Michel de 400 gr. A tirada é de 19 exemplares numerados en árabe.
Nos dous casos os textos están impresos en papel de 125 gr.

Espantallos



Espantapájaros al viento reúne en el Liceo Casino de Pontevedra una selección de obras de artistas portugueses y gallegos de distintas disciplinas inspiradas en la figura del espantapájaros. Madalena Macedo, Mario Garrido, Manuel Lima, Vitor Alves, María Manuela Monteiro da Silva, Mario Vasconcelos, Lurdes de Ines, Xosé Poldras, Sardiña, Cidoiro, Carlos E. Rimada y Ángel Aja son los autores de algunas de las creaciones que se exponen, acompañadas de poesías sobre la misma temática del pontevedrés Rafael Pintos y de los inolvidables poetas Rafael Alberti, Miguel Hernández y Tim Berhems.
Desde el Mago de Oz de Lyan Frank Baun, con el entrañable hombre de paja hasta el espantapájaros de Julio Tizón, pasando por los que pintaron Maruja Mallo, Benjamín Palencia, Carlos de Haes, J. Vayreda, Arturo Souto, Carlos Bóveda, Manuel Vidal, Diego de Giráldez, Lorenzo Macías o mismo la escultura de Lucas Karnaz, instalada en los jardines de la Ciudad de las Artes y de las Ciencias de Valencia, fueron motivos para dar rienda suelta al proyecto Retorno de los cuidadores de las huertas por el Camino de Invierno, iniciado en la Comarca de Valdeorras en 2013 a partir de una idea de Manuel Estévez y en el que han colaborado un centenar de creadores procedentes de todos de toda la península ibérica.
La muestra puede visitarse hasta el día 18 de este mes en los salones del Liceo Casino, con entrada libre.

Soños da morada aberta









Exemplar de 19 gravados e 19 microrelatos de Eloi Hervella, onde se fai unha interpretación existencial dos soños.
Hai dous formatos de edición, unha con todas as estampas orixinais e outra facsímil que substitúe unha reproducción por unha estampa orixinal.

Aoutorretrato

O coro, á sazón, conduce os contos, Colagraf e linóleo. 
Matrices: 5; tintas: 4; medidas: 102 x 77 cm.

Exposición colectiva de autorretratos no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 15 de agosto.
Para vídeo de presentación do catálogo premer aquí

Día dos museos

Na Galería Visol, celebramos o día dos museos con artistas e público pintando, e música en directo.
Na foto: Tareixa Taboada, Leandro, Poldras, Santi Amil e Daniel Soldevilla.

Espacio de Arte Roberto Verino

O título da mostra é fragmento dunha cita de Paul Virilio, con el quero ilustrar o meu intento de fuxir do espectáculo.

Museo Arqueolóxico de Ribadavia. A olería en Galicia





 Unha escolma de dúas pezas das que fixeramos Agustín de Niñodaguia e eu, foron escollidas polo Museo Arqueolóxico de Ribadavia para a súa mostra  A olería en Galicia.
"Unha exposición feita ... tamén para aproveitar a ensaiar un discurso no que se manifestan reflexións a cerca da relación entre o produto que sae dos centros oleiros e os grupos sociais que os adquiren"

100 anos da Fonte de Duchamp

 
Estampa dun linóleo a partir da foto de A. Stieglitz da Fonte de Duchamp, sobre a portada do xornal de Ourense o día despois da exposición en Nova Iorque. E reportaxe de Mon Santiso en Zigzag sobre a obra.

Era unha vez o deserto...

Era unha vez o deserto... de Xosé Poldras

En outubro do 3 ao 27 na Galería Visol de Ourense
Inauguración o 3 ás 20,00 h. Rúa Sto Domingo 33

Filmando con Víctor Erice

Filmando con Víctor Erice é o taller que se celebrou no Centro Cultural Marcos Valcárcel organizado por La Plantación
A directora da curtamentraxe "Autorretrato", Jimena Martín Tercero invitoume a participar no seu traballo. Este é o enlace:
https://youtu.be/j4oZpu2bwe4

O MARCOS VALCÁRCEL EMPREGARÁ UNHA APISONADORA PARA CREAR UN GRAVADO EN HOMENAXE A CARLOS CASARES

Os artistas Fonso Castro, Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras coordinan esta iniciativa de homenaxe ao mundo literario de Carlos Casares coa estampación dun gravado que vai ser estampado na rúa a carón do centro cultural. Despois da estampación o público poderá facer o seu propio gravado orientado polos artistas. En troques de usar un tórculo para a estampación da imaxe como é o hortodoxo nos talleres dos gravadores, desta vez as imaxes dos artistas e do público serán transferidas ao papel usando unha apisonadora, o que engadirá ao acto un certo carácter de performance.
Día: Sábado, 27 de maio.
Hora: 18:00 horas
Lugar: Exteriores do centro cultural “Marcos Valcárcel”


Día Internacional dos Museos en Ourense

Ourense celebrou o día dos museos no Centro cultural Marcos Valcárcel e na Galería Visol. Foto da última hora na Galería antes da retirada.

In tempus veritas en Ourense

O 5 deste mes de maio disfrutamos dunha calorosa acollida na Asociación Vía Vella do barrio da Ponte de Ourense, foi unha nova estación da viaxe pictopoética con Xabier Ron. A presentación correu a cargo de Serafín Alonso Pintos.

In tempus Veritas en Lugo

O venres, estivemos na librería Trama de Lugo, presentando a terceira etapa da viaxe pictopoética. A foto é do xornal El Progreso

Luva negra agora en Ribeira

Benqueridos amigos: dende a A. C. Barbantia queremos convidarvos á presentación da carpeta solidaria Luva negra, que contén poemas de Alicia López e gravados de Xosé Poldras. Será o venres, 17 de marzo, ás 20.30 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira e contaremos coa presenza de:
- Pilar Sampedro (socia de Barbantia)
- Alicia López (poeta)
- Mariam Rodríguez Blanco (pediatra, expatriada e voluntaria de Médicos sen Fronteiras)
- Xoán Pastor Rodríguez Santamaría (coordinador da A. C. Barbantia)
- Herminia Pouso Maneiro (Concelleira de Cultura de Ribeira).

O acto iniciarase coa intervención musical dos músicos Rafa Figueroa (fliscorno) e Manolo Sobral (bombardino) interpretando varios temas. Estes músicos forman parte da A. C. ESMU da Pobra e da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra.

In tempus veritas agora en Bertamiráns