Fundación Curros Enríquez

A Casa dos Poetas de Celanova presenta unha escolma dos poemas visuais elaborados no taller que se celebrou nesta sede. Están compostos baixo a mesma inspiración de análise, ás veces crítica, coa realidade na que vivimos; igual que os poetas desta casa fixeron na súa obra. Algunhas imaxes son autoría dunha sóa persoa, pero traballamos influído unhas autoras noutras, en diálogo constante, dende a realización da montaxe ata a presentación final da fotografía. E moitos poemas son colaboracións entre varias sen poder concretar a autora.