Xabier de Sousa, Xosé
Poldras, Fonso Castro e Isabel Somoza
convídante á exposición
Mercado dos sentires.
Porque co brillo dos teus
ollos, co soriso de satisfacción, co xesto de interese,
coa ledicia de saber que o
colgaredes nese rincón, co agarimo co que o tocades... é co único
que queremos que pagues estas obras.
Nesta ocasión non queremos
nin un marchante, nin un frío coleccionista, nin un comerciante de
sentimentos.
Porque non é momento de
invertir en arte, senon de sentir, de crear e de compartir.
Por unha vez non tes que
mirar o listado de prezos... o que queremos é que escoites o teu
corazón,
elixas esa obra que te
atrape e a leves de balde.
GUSTARÍANOS MOITO SENTIRTE,
TOMAR UN GROLIÑO E BOTAR UNHAS RISAS. ¡AGARDÁMOSTE!
Augatinta. 7 de Marzo de
2015 ás 20:00h.
(Único día de exposición,
ó peche as obras sairán con vós)
No hay comentarios:
Publicar un comentario