Librería Eixo, na Rúa Cardenal Quevedo, 36 Ourense
Martes 4 de decembro ás 19,30 h.
Presentada por
Tareixa Taboada, crítica de arte en La Voz de Galicia, Soños
da morada aberta é unha colección de 19 contos breves e 19
gravados ilustrando cada un. Os autores son Eloi Hervella para os
textos e Xosé Poldras para as imaxes. A compañaranos unha representante de Aldeas Infantiles para falarnos do ONG. Parte do importe da obra será unha doazón persoal do comprador ou compradora ao proxecto desta organización.
No prólogo podemos ler: “Desde moi antigo,
os seres humanos setímonos atraídos polos soños. Estes foron
interpretados de maneiras diferentes ao longo da historia. Quizáis o
poder de fascinación do onírico se asente na iluminadora
advertencia de que a nosa vida transcorre e remata, e que polo tanto
convennos buscar camiños novos. Así, ante a aparición dos soños
temos a sensación de que podemos e debemos ampliar a nosa vida para
facela máis fonda, máis rica”.
A colección
preséntase en formato carpeta con dúas versións diferentes:
A primeira de 23 x
20 cm. ten todas as imaxes son linografías estampadas a man. A
tirada consta de un exemplar B.A.T., dúas Probas de Autor numeradas
en romano, e 19 exemplares numerados en árabe.
A segunda de 30 x 21
cm. reproduce os gravados dixitalmente sobre cartulina Guarro de 185
gr. salvo unha linografía orixinal e estampada a man en papel Michel
de 400 gr. A tirada é de 19 exemplares numerados en árabe.
Nos dous casos os
textos están impresos en papel de 125 gr.
No hay comentarios:
Publicar un comentario