Celso Emilio Ferreiro

Unha carpeta de catro linografías inspiradas no poema de Celso Emilio Ferreiro "O neno preguntaba".
Asistirá ao acto Luis Ferreiro, presidente da fundación CEF e fillo do poeta.
O poema será presentado pola profesora de lingua e literatura galega, Rita Abraldes.
Actuará a soprano Ilduara Perianes Guitián, acompañada polo pianista Miguel Guillermo Sáez Sotelo, que interpretará entre outras pezas, a versión do poema musicada por Vicente Asensio.
O autor fará algúns comentarios técnicos e plásticos sobre a carpeta.