A casa dos poetas

A semana pasada presentouse na Casa dos Poetas de Celanova, a carpeta Gravados para Curros, fruto dun obradoiro de gravado coordinado e dirixido por Isabel Somoza, Xabier de Sousa e Xosé Poldras, e adicada a Tristán, terceiro fillo de Isabel con dous días de vida aínda, razón pola que a nai non está na foto. Editáronse cinco exemplares que pasarán a formar parte dos fondos da Casa dos Poetas, a Real Academia Galega, o Museo Municipal de Ourense, o Museo Provincial de Lugo, e o Museo de Pontevedra.
La semana pasada se presentó en la Casa dos Poetas de Celanova, la carpeta Gravados para Curros, fruto de un tallerde grabado coordinado y dirigido por Isabel Somoza, Xabier de Sousa y Xosé Poldras, y dedicada a Tristán, tercer hijo de Isabel con dos días de vida aún, razón por la que la madre no sale en la foto. Se editaron cinco ejemplares que pasarán a formar parte de los fondos de A Casa dos Poetas, la Real Academia Galega, el Museo Municipal de Ourense, el Museo Provincial de Lugo, y el Museo de Pontevedra.

O gato cósmico

Unha escolma da gráfica máis representativa, nas que a composición xoga con figuras humanas ás veces acompañadas doutros elementos. Son obras abertas no senso tradicional do termo, xa que presentan figuras que se intercambian entre as estampas e aparecen en diferentes gavados ao mesmo tempo, ampliando o seu significado e capacidade de evocación, de xeito que unhas complementan outras. Pero non hai un carácter lineal nin de argumento, a plástica é a que rixe as leis de relación, ou más ben a falla de leis. O gato cósmico mostra, este outono, algúns deses gravados, dando un paso máis, xa que coas estampas veranse mesturadas as propias matrices, e o branco da parede, coa mesma importancia que nos gravados ten o papel en branco, definidor dun espazo que ás veces ten dúas dimensións e ás veces tres. Tamén atoparedes algunha terracota

Inauguración o luns 26 de 20 a 21h

Rúa Concepción Arenal nº1 local 4
15702 Santiago de Compostela


Una selección de la gráfica más representativas, en las que la composición juega con figuras humanas a veces acompañadas de otros elementos. Son obras abiertas en el sentido tradicional del término, ya que presentan figuras que se intercambian entre las estampas y aparecen en diferentes gabados al mismo tiempo, ampliando su significadoo y capacidad de evocación, de forma que unas complementan las otras. Pero no hay un carácter lineal ni de argumento, la plástica es la que marca las leyes de relación, o mejor dicho, a falta de leyes. O gato cósmico muestra, este otoño, algunos de esos grabados, dando un paso más, ya que con las estampas se verán mexcladas las matrices, y el blanco de la pared, con la misma importancia que en los grabados tiene el papel en blanco, definidor de un espacio que a veces tiene dos dimensiones y a veces tres. También encontrareis alguna terracota.

Inauguración el lunes 26 de 20 a 21h

Rúa Concepción Arenal nº1 local 4
15702 Santiago de Compostela

Dinastía Vivanco, IV edición

Gravado seleccionado no IV Premio Internacional de Gravado Dinastía Vivanco, co lema:
"Dáteme corpo, espérote"

Grabado seleccionado en el IV Premio Internacional de Grabado Dinastía Vivanco, con el lema:
"Dáteme cuerpo, te espero"

Cooperativa do Ribeiro

Agustín Vázquez Ferreiro, é alfareiro en Niñodaguia, onde a alfareiría ten unha tradición que supera os catrocentos anos. Dentro da súa actividade profesional ten un gran peso a posta en valor das pezas propias de Niñodaguia, reproducíndoas paralelamente á súa propia producción. Agustín e Poldras xuntáronse para poñer patas arriba a xerra de viño tradicional de 120 anos de existencia, transformándoa nestas creacións que estudan a esencia do contido e o continente. Todas son xerras de terracota e óleo no seu exterior, estando o interior tratado con total pulcritude para que poidan seren usadas como o que son: xerras do viño.

Agustín Vázquez Ferreiro, es alfarero en Niñodaguia, donde la alfarería tiene una tradición que supera los cuatrocientos años. Dentro de su actividad profesional tiene un gran peso la puesta en valor de las piezas propias de Niñodaguia, reproduciéndolas paralelamente a su propia producción. Agustín y Poldras se unieron para poner patas arriba la jarra de vino tradicional de 120 años de existencia, transformándola en estas creaciones que estudian la esencia del contido y el continente. Todas son jarras de terracota y óleo eno su exterior, estando el interior tratado con total pulcritud para que puedan ser usadas como lo que son: jarras de viño.



A Serra do galiñeiro


Na fabulosa Serra do galiñeiro planean instalar un parque eólico. Que as desmesuradas necesidades enerxéticas deste modo de vida, non servan para xustificar agora a desaparición do pracer de mirar ao lonxe.

En la fabulosa "Serra do galiñeiro" planean instalar un parque eólico. Que las desmesuradas necesidades energéticas de este modo de vida, no sirvan para justificar ahora a desaparición del placer de mirar la lejanía.

Contos infantís


Dous contos para nen@s con textos de María Xesús Méndez. Se queredes a versión pdf, non tedes máis que pedila.

Dos cuentos para niñ@s con textos de María Xesús Méndez. Si quereis la versión pdf, no teneis más que pedirla.